Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Bustelo I. (Expediente 001-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Bustelo I coas seguintes características:

Peticionario: MADE, Energías Renovables, S.A., Avda. de Burgos, nº 8-B, edificio Génesis, planta 18. Madrid 28036.

Situación: concello de Muras (Lugo).

Emprazamento (Coordenadas poligonais en unidades U.T.M.):

V(0.601.000, 4.818.000).

V(0.601.000, 4.816.000).

V(0.604.500, 4.817.000).

V(0.604.500, 4.815.000).

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 76.

Potencia nominal unitaria: 330 kW.

Potencia total instalada: 24,7 MW.

Altura de torres: 31 metros.

Diámetro de pas: 30 metros.

Investimento: 3.677.706.085 ptas.

As entidades públicas ou privadas interesadas, poderán presentar solicitudes en competenica durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1195, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica de Galicia.

Lugo, 25 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9293