Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 71/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Parque Eólico A Capelada, con enderezo social en Avda. de Burgos, 8-B, planta 18, Madrid, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos en celosía, en dobre circuíto desde a subestación do parque eólico ata o apoio número 5, de 3.690 metros de lonxitude e con conductor LA-180 e en simple circuíto desde o apoio número 5 ata proximidades aeroxerador número 8, de 532 metros de lonxitude e desde o mesmo apoio número 5 ata proximidades aeroxerador número 17, de 1.012 metros de lonxitude. Concellos de Cariño, Cedeira e Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 22 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9305