Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no Milladoiro, concello de Ames, provincia da Coruña.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: a Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

Construcción dun pavillón polideportivo no Milladoiro, Concello de Ames, A Coruña.

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a sesenta e oito millóns catrocentas vintedúas mil duascentas sesenta pesetas (68.422.260 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupo: todos; categoría d.

3. Outros requisitos: tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2.e) da Lei 13/1995,

do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. Garantía provisional:

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida, quedan eximidos de presta-la garantía provisioal (art. 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

5. Obtención de documentación e información:

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio multiusos de San Lázaro s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio multiusos. San Lázaro. 15890 - Santiago de Compostela. Fax. (981) 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

7. Apertura de ofertas: levaráse a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 - Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios: será de cargo do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lámas Sánchez

Secretario xeral para o deporte

9449