Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (408/1996).

No expediente número 408/1996, que se tramita neste xulgado, sobre suspensión de pagamentos da entidade Hordeza, S.L., domiciliada en Castrotión, Oca, A Estrada, dedicada á comercialización de todo tipo de materiais e productos para a construcción, dictouse a proposta de providencia do 11 de novembro de 1996 en que se tivo por solicitada en forma a declaración en estado de suspensión de pagamentos da mencionada entidade, acordándose a intervención de tódalas súas operacións.

E para que conste e para publicidade ós acredores e demais persoas ás que puidese interesar, expido o presente edicto que asino e selo na Estrada o doce de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

96-9448