Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 19 de decembro de 1996 pola que se declara de interese galego á Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico.

Con data 11 de decembro de 1996, publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se clasifica como de interese industrial á Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico, adscribíndoa a Consellería de Industria e Comercio, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 4 dos seus estatutos, ten por obxecto e finalidade destinar e afectar un patrimonio á realización, sen ánimo de lucro, de fins xerais de interese galego no ámbito da promoción da calidade industrial e desenovolvemento tecnolóxico.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e seguindo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1º. Declarar de interese galego a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico ó cumpri-los seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2º.-Ordena-la inscrición da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico na sección do Rexistro de Fundacións da Consellería de Industria e Comercio para os efectos consitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, do réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesno día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9433