Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 5415/1996, interposto por Manuel Pazos Viz.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 5415/1996, interpossto por Manuel Pazos Viz, contra resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, de 2-4-1996, referencia DH. A36.900, sobre inscrición dun aproveitamento de augas do río Mao ó Badouco, no sitio de Chacela, parroquia de Oca, no concello da Estrada, a favor da comunidade Presa Nova, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento do tódalas personas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Políticas Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-9476