Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.912

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 434/1996, do 20 de decembro, sobre asunción do traspaso complementario en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza efectuado polo Real decreto 2395/1996, do 22 de novembro, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios que, dentro do seu territorio, viña desempeñando a Administración Central do Estado en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

En consecuencia co anterior, a Comunidade Autónoma asumiu tales funcións en virtude do Decreto 394/1994, do 29 de decembro, asignándollas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Corresponde agora, por medio do presente decreto, acepta-la transferencia da partida orzamentaria pendente, que se contén no Real decreto 2395/1996, do 22 de novembro, sobre o traspaso complementario ó aprobado polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, anexo que se subscribiu na sesión do Pleno da Comisión Mixta de trasferencias que tivo lugar o 14 de novembro deste ano (DOG do 13 de decembro), e proceder á súa asignación ós órganos competentes da Comunidade Autónoma.

Por iso, e por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de decembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Asunción do traspaso.

Queda asumido o crédito orzamentario traspasado pola Administración Central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia como complementario ás transferencias de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza, que se consigna no anexo do Real decreto 2395/1996, do 22 de novembro, correspondente ó ano 1996 e que vaid estinado ó investimento en infraestructuras de edificios, sedes de órganos xudiciais, nos termos e condicións especificados no acordo da comisión mixta de transferencias do 14 de novembro de 1996.

Artigo 2º.-Asignación dos medios.

Asígnaselle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o crédito orzamentario referido no anterior artigo.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9543