Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Romero número 6.

Visto o expediente de cambio de dominio que a a continuación se menciona, instruído a efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a apoia; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Romero número 6.

Cutivo: mexillón.

Localización: cuadrícula número 109, Vilagarcía de Arousa A.

Data da concesión: 20-5-1964.

Data do remate da última prórroga: 3-6-2004.

Anterior concesionario: Collazo Ordóñez, Valentina; Bravo González, José Ramón; Collazo Ordoñez, Josefa e Figueira Figueira, Juan José.

Novos titulares da concesión: Collazo Ordoñez, Josefa e Figueira Figueira, Juan José.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 22 de novembro de 1996.

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

9244