Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Popa número 5.

Visto o expediente incoado por Cristino Ferreirós Sánchez, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea fluctuante de cultivo de mexillón denominada Popa número 5, outorgado pola orde ministerial do 16-12-1968, sito na cuadrícula nº 105 do polígono B de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 8-1-1996, e da que eran titulares José Benito Ferreirós Vicente e Carmen Sánchez García.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, o declaración de herdeiros ab intestato e a relación de bens debidamente liquidada de impostos, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José Benito Ferreirós, Vicente; Cristino Ferreirós Sánchez; Félix Ferreirós Sánchez e José Ferreirós Sánchez.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 22 de novembro de 1996.

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra).

9248