Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 27 de decembro de 1996 Páx. 11.886

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas.

Visto o expediente do convenio colectivo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicos que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-11-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios da Sanidade Privada, e da parte social po UGT, CIG e USO o día 21-1-1996,

de conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de novembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de establecementos sanitarios de hospotalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da Coruña. Sanidade privada.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación

O presente convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña e establece as normas básicas e regula as condicións mínimas de traballo entre as empresas destinadas a establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, coa única excepción das institucións da Seguridade Social.

Artigo 2º.-Ámbito funcional

O presente convenio colectivo regula as condicións de traballo entre as empresas que desenvolven a súa actividade dentro do grupo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises, coa única excepción das institucións da Seguridade Social.

Artigo 3º.-Ámbito temporal

A duración deste convenio será de 12 meses, desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996, e prorrogarase tacitamente a súa vixencia de ano en ano se ningunha das partes o denunciara coa antelación mínima de tres meses da data da súa expiración.

Aínda que a publicación se produza con posterioridade os efectos económicos retrotraeranse en todo caso o 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 4º.-Revisión salarial

Ano 1996, revisión da táboa salarial en 3% puntos.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade

O presente convenio constitúe un todo orgánico e as partes quedan vinculadas ó cumprimento na súa totalidade.

Se no proceso de homologación a autoridade competente modifica algunha das cláusulas na súa actual redacción, a comisión negociadora deberá reunirse a considerar se cabe modificación mantendo a vixencia do resto do articulado do convenio ou se, pola contra, a modificación de tal ou tales obriga a revisa-las condicións recíprocas que as partes fixesen.

Artigo 6º.-Garantía ad personam

Por ser condicións mínimas as outorgadas neste convenio, respectaranse ad personam as máis beneficiosas consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 7º.-Dereitos sindicais

As empresas recoñecerán a tódolos sindicatos debidamente implantados, como elementos básicos e consubstanciais para afrontar a través deles as necesidades relacionadas entre traballadores e empresarios sempre que estes teñan unha afiliación do 15%.

a) As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicárense libremente, admitirán que os traballadores afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical, fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal das empresas.

Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador coa condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que dispoñan de suficiente afiliación, co fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de traballo e sen que o exercicio de tal práctica poida interrompe-lo proceso productivo. Tódolos centros disporán dun taboleiro de anuncios, no que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións, das que se remitirá copia á dirección da empresa.

b) Cota sindical: Por requirimento dos traballadores afiliados a centrais sindicais ou sindicatos que posúan a representación previa no parágrafo anterior, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado en tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde do desconto, a central sindical ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente á que debe ser transferida a dita cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, agás indicación en contrario durante períodos dun ano. A dirección da empresa entregará copia da transferencia ós representantes do sindicato.

c) Negociación colectiva: ós cargos de relevancia nacional das centrais implantadas nacionalmente e

que participen nas comisións negociadoras dos convenios, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por elas, co fin de facilita-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedida negociación, sempre que á empresa lle afecte a negociación en cuestión.

d) Excedencias: poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador que posúa cargo sindical de relevancia provincial a nivel de secretario do sindicato respectivo e nacional de calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se encontre no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase no termo dun mes, ó remata-lo desempeño del. En empresas con cadro de persoal superior a 50 traballadores os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que, do seu grupo profesional, se produza no cadro de persoal de pertenza, salvo pacto individual en contrario.

e) Asembleas: o número de asembleas de traballadores que poderá celebrarse nas condicións previstas no artigo 78 do Estatuto dos traballadores, será de seis (6) ó ano, e poderán distribuírse as datas da súa celebración na forma que aqueles coiden máis conveniente. O disposto no parágrafo anterior entenderase sen prexuízo do que establece o derradeiro parágrafo do referido artigo 78.

Artigo 8º.-Comité de empresa

O comité de empresa é o órgano representantivo e colexiado do conxunto dos traballadores da empresa ou centro de traballo para a defensa dos seus intereses.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselles ós comités de empresa as seguintes funcións:

A seren informados pola dirección da empresa.

a) Trimestralmente sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego da empresa.

b) Anualmente, coñecer e ter ó seu dispor o balance, a conta de resultados, a memoria e no caso de que a empresa presente forma de sociedade por accións ou participacións, de cantos documentos se dean a coñecer ós socios.

c) Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións e as reduccións de cadro de persoal e sobre os plans de formación profesional da empresa.

d) En función da materia de que se trate:

1. Sobre a implantación ou revisión do sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias. Estudios de tempo, establecementos de sistemas de primas, ou incentivos e valoración de postos de traballo.

2. Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume do emprego.

3. O empresario facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice, e estará lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas entre a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

4. Sobre sancións impostas por faltas moi graves e en especial en supostos de despedimentos.

5. No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais e as súas causas, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

B) Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

a) Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto ós pactos, condicións ou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas entre a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

b) A calidade da docencia e da súa efectividade nos contratos de formación e capacitación da empresa.

c) As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

C) Colaborar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa, en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

D) Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

E) Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relacionado co ámbito das súas competencias.

F) Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán o sixilo profesional en todo o referente ós apartados a) e c) do punto A) deste artigo, mesmo despois de deixar de perteneceren ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección da empresa sinale expresamente de carácter reservado.

G) O comité velará non só por que nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminacion, igualdades de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 9º.-Garantías sindicais

a) Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó seu exercicio ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión e

sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecerían a outras causas, deberán tramitarse expediente contradictorio no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de atoparse recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

b) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

c) Poderá exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, e poderá publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

d) Disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas, cada un dos membros do comité ou delegados de persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas reunións de representación, de acordo coa seguinte escala:

Traballadores-horas:

Ata 100 traballadores: 15 horas.

De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

De 251 a 500 traballadores: 30 horas.

De 501 a 750 traballadores: 35 horas.

De 750 traballadores en diante: 40 horas.

Non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de delegados de persoal ou membros do comité de empresa como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e, polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociación e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.

e) Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité de empresa ou delegados de persoal, co fin de preve-la súa asistencia a cursos de formación ou outras actividades.

f) O total de horas retribuídas dos membros do comité de empresa a que se refire o apartado d poderá acumularse para seren desfrutadas por un ou varios dos seus compoñentes sen supera-lo máximo total, sempre que medie acordo ó respecto do comité, debidamente comunicado á dirección da empresa con oito

días de antelación ó mes de que se trate, e non supoña alteración grave do seu réxime laboral.

Artigo 10º.-Clasificación profesional

O persoal a que se refire este convenio será clasificado nos grupos, subgrupos e categorías que figuran na táboa salarial anexa.

Tales categorías teñen carácter enunciativo e non implican a obrigación de ter provistas todas elas, se a necesidade e volume do centro non o regularen.

Cando o traballador de inferior categoría realice funcións de categoría superior ás que corresponden á súa categoría por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos, pode reclamar perante a dirección da empresa a categoría profesional adecuada; así mesmo terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice (Estatuto dos traballadores, artigo 23; Ordenanza laboral, artigo 30).

Artigo 11º.-Contrato de traballo

O contrato de traballo celebrarase por escrito.

Deberán constar por escrito os contratos celebrados para a formación por tempo e para obra ou servicio determinado e os contratos a tempo parcial. De non observarse tal esixencia, presumiranse celebrados por tempo indefinido.

En todo caso, calquera das partes poderá esixir que o contrato se formalice por escrito, incluso durante o transcurso da relación laboral.

Artito 12º.-Período de proba

Os ingresos que se acollan na empresa enténdense realizados a título de proba, a cal se rexerá pola seguinte escala:

Técnicos titulados: 6 meses.

Resto do persoal, agás non cualificados: 1 mes.

Persoal non cualificado: 14 días laborables.

Ó persoal que supere o período de proba recoñeceráselle como data de antigüidade a de ingreso na empresa. En todo caso, o persoal en período de proba terá dereito á retribución e demais beneficios correspondentes á súa categoría.

Durante o período de proba, ámbalas partes poderán rescindi-lo contrato sen ó aviso previo e sen que teña por iso dereito a reclamación ou indemnización ningunha.

Artigo 13º.-Ascensos

Todo o persoal da empresa terá igualdade de condicións e dereito de preferencia a cubri-las vacantes existentes en calquera dos grupos dos seus profesionais.

Os ascensos efectuaranse coas condicións seguintes:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Entrevista persoal.

d) Superarán satisfactoriamente as probas que propoña a empresa, que serán adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

Artigo 14º.-Licencias

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos e tempos seguintes:

a) 15 días naturais por matrimonio.

b) 2 días por matrimonio de fillos.

c) 1 día por matrimonio de irmáns e cuñados.

d) 7 días en caso de falecemento do cónxuxe ou de fillos de calquera dos cónxuxes.

e) 6 días por parto de esposa.

f) 6 días en caso de falecemento de pais de calquera dos cónxuxes.

g) 1 día por matrimonio dos pais.

h) 2 días en caso de enfermidade grave ou intervención dos parentes a que se refire os apartados anteriores; poderá ampliarse ata 7 días cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto.

i) 2 días por falecemento dos avós, netos, tíos, sobriños e primos que vivan no mesmo domicilio; se non, 1 día.

j) 1 día ampliable a 2 por traslado de domicilio.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal, inescusable.

l) Polo tempo indispensable debidamente xustificado, para someterse a exames en centros de ensino.

m) 5 días por falecemento de irmáns e cuñados.

Artigo 15º.-Vacacións

Establécese un período de vacacións para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio, que comprenderá trinta días naturais retribuídos conforme o promedio obtido polo traballador, por tódolos conceptos, en xornada normal, nos tres meses anteriores á data de iniciación dos mesmos.

Os diferentes departamentos de persoal dos diferentes centros estudiarán, sempre que as necesidades así o permitan, establece-lo período vacacional e de forma rotatoria entre os meses de maio a setembro, ambos inclusive.

En todo caso, e con independencia do apartado anterior, as vacacións desfrutaranse preferentemente no período de abril a outubro e en quendas rotatorias por servicios.

Artigo 16º.-Excedencias

A excedencia será de dúas clases: voluntaria e especial.

A excedencia voluntaria é a que comprende por motivos particulares do traballador e por instancia deste, sempre e cando leve traballando un mínimo dun ano na empresa.

A petición de excedencia será resolta pola empresa no prazo máximo dun mes, contado desde a data da presentación da solicitude.

Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O tempo de duración da excedencia voluntaria non poderá ser inferior a un ano, nin superior a cinco.

Solicitando o reingreso en tempo hábil polo traballador excedente, se non existisen prazas vacantes da súa categoría, pero si doutra inferior á que antes desempeñaba, poderá ocupar unha das ditas prazas, respectándose as condicións laborais compatibles coa nova categoría e persistindo no seu dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na categoría ordinaria.

Tódolos traballadores terán dereito a desfrutar dunha licencia non retribuída non inferior a un mes e non superior a tres con dereito a reserva do posto de traballo; poderá posporse o seu desfrute por necesidades de servicio.

Este permiso queda condicionado á non coincidencia co período vacacional.

O dito permiso non poderá ser utilizado para realiza-la actividade profesional noutros centros de traballo.

Artigo 17º.-Excedencia especial

Producirase esta situación pola designación ou a elección para un cargo público ou de representación sindical no caso previsto no artigo 7º deste convenio, cando a súa execución sexa incompatible coa prestación de servicios na empresa.

O persoal que se encontre en situación de excedencia especial terá dereito á reserva do posto de traballo e ó cómputo para efectos de antigüidade de todo o tempo de duración dela; non se percibirá durante tal período retribución ningunha.

Os excedentes especiais incorporaranse ós seus postos de traballo no prazo de trinta días naturais a partir da cesación no cargo ou función.

Artigo 18º.-Salario base

O soldo base é o que consta para cada categoría profesional na táboa salarial anexa ó presente convenio.

Artigo 19º.-Complemento persoal de antigüidade

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por este concepto un 5% do salario base para cada tres anos de servicios na empresa. A data inicial

para o cómputo da antigüidade será a de ingreso na empresa.

O importe de cada trienio comezará a devengarse desde o 1 do mes seguinte ó seu vencemento.

En caso de que os traballadores con contrato en prácticas ou de formación continuasen ó servicio da empresa ó terminaren aquelas, computaráselle-lo tempo traballado en virtude de tales contratos para efectos de antigüidade.

Artigo 20º.-Complemento de traballo nocturno

Este complemento consistirá no 25% do salario base. Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. Se o tempo traballado dentro do período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase exclusivamente sobre as horas traballadas.

Artigo 21º.-Complemento de especialidade, toxicidade, perigosidade e penosidade

Debido á maior toxicidade, perigosidade e penosidade, establécese un complemento retributivo para todo o persoal que desempeñe traballos nalgunha das seguintes seccións ou departamentos: quirófano, radioelectroloxía, radioterapia, medicina nuclear, citostáticos, laboratorio de análises, unidade de coidados intensivos, homodiálise e anatomía patolóxica.

A contía do complemento será do 15% do salario base.

Para ter dereito a percibir este complemento será preciso que a dedicación do productor ó posto de traballo teña carácter exclusivo ou preferente e en forma habitual ou continuada. Considerarase como continuada a dedicación nas actividades penosas, tóxicas e perigosas dun horario superior á media xornada.

Cando o destino ó posto non teña carácter habitual e continuado, só percibirá o complemento polos días en que se desempeñen labores no dito posto e calquera que sexa o número de horas de dedicación a el durante a xornada.

Este complemento percibirase unicamente mentres o productor desempeñe a praza ou posto cualificado e non suporá a consolidación persoal do dereito cando o productor que o veña percibindo sexa destinado a posto de traballo e cualificado como de especialidade.

As empresas comprométense a adopta-las medidas oportunas para reducir no posible a toxicidade, perigosidade e penosidade no desempeño da prestación polos traballadores.

Artigo 22º.-Gratificacións extraordinarias

a) Unha paga extraordinaria polo 15 de xullo e outra de Nadal. O importe de cada unha delas é o dunha mensualidade do salario base máis antigüidade, que se fará efectiva nos días hábiles inmediatamente anteriores ás expresadas datas.

b) Unha gratificación anual en concepto de premio de vinculación ou permanencia por importe dunha mensualidade do salario base máis antigüidade, que se cobrará durante o mes de outubro. Para ter dereito a percibir este premio de vinculación, será preciso ter cumprido un ano de servicio na empresa.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponde á empresa e á libre aceptación do traballador.

Terán a consideración de horas extraordinarias as que se realicen sobre a xornada laboral ordinaria. Aboaranse cun incremento do 75% sobre o salario que correspondese a cada hora ordinaria.

Ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como de risco de perda de materiais e materias primas: realización.

c) Horas extraordinarias necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trata: mantemento, sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades da contratación temporal ou parcial previstas pola lei.

Artigo 24º.-Xornadas de traballo

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 40 horas semanais; o tempo de 15 minutos de bocadillo computarase como traballo efectivo.

Establecerase a xornada continuada durante os meses de xullo, agosto e setembro, para tódolos traballadores afectados por este convenio, coa excepción dos traballadores de consultas e daqueles servicios que por unhas especiais características e co actual cadro de persoal non permitisen aquela implantación; neste caso, a estes traballadores compensaráselles cun día libre en cada un dos meses devanditos con independencia do legalmente establecido.

No caso de non existir acordo entre as partes, as súas discrepancias someteranse ó dictame da comisión paritaria.

Correspóndelle á empresa a fixación dos horarios de acordo coas necesidades do servicio.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene

Naqueles postos de traballo con especial risco de enfermidade (contaxios, infeccións, etc.) farase revisión médica polo menos semestralmente. Ó resto do persoal faráselle a citada revisión polo menos unha

vez ó ano. En caso de efectuarse a revisión fóra das horas de traballo, o tempo empregado non será retribuído.

O recoñecemento aludido levarase a cabo por un facultativo elixido polo traballador entre os adscritos á empresa, co debido control por parte do comité de empresa.

O resultado das revisións médicas a que se refire este artigo farase constar nas oportunas fichas de cada traballador; deberase remiti-lo correspondente informe ó comité de empresa, por petición do traballador interesado.

Artigo 26º.-Premios de xubilación

Concederase un premio ós traballadores que se xubilen ante dos 64 anos de acordo coa seguinte táboa:

-Xubilación ós 60 anos cumpridos: 500.000 ptas.

-Xubilación ós 61 anos cumpridos: 400.000 ptas.

-Xubilación ós 62 anos cumpridos: 300.000 ptas.

-Xubilación ós 63 anos cumpridos: 200.000 ptas.

Artigo 27º.-Xubilación ós 64 anos

Os traballadores que cumpran 64 anos de idade durante a vixencia do presente convenio poderán optar pola modalidade especial de xubilación anticipada ós 64 anos prevista no Real decreto 14/1981, do 20 de agosto. As empresas comprometeranse a substituír simultaneamente ó xubilado por outro traballador nos termos e condicións establecidas na dita norma legal.

Artigo 28º.-Persoal con capacidade diminuída

Polo que respecta ó persoal con capacidade diminuída física, non será este un motivo para que este persoal non poida optar a un posto de traballo adecuado ás funcións que poida desempeñar.

Artigo 29º.-Complemento de incapacidade laboral transitoria

Nos supostos por baixa por ILT (enfermidade común profesional, maternidade e accidente, sexa ou non de traballo) as empresas aboarán un complemento do 25% da base reguladora da prestación satisfeita pola Seguridade Social, durante todo o tempo en que teña dereito á citada prestación económica, incluídas pagas extraordinarias.

Artigo 30º.-Pezas de roupa de traballo e uniforme

A empresa facilitaralle a todo o persoal o vestiario que este precise (zocos, batas, medias, fundas, etc.), que serán renovables cando estes o precisen pero non poderán superar un ano. De igual maneira, o persoal que realice traballos especiais será dotado de pezas de roupa especiais, guantes, batas, etc.

Sen prexuízo da debida atención e coidado da roupa a que se refire o presente artigo por parte de cada traballador, ó lavado e pranchado dela, realizarase na empresa e por conta desta.

Ardtigo 31º.-Atencións sociais

A comisión paritaria do convenio estudiará a posibilidade de intregrar ó persoal do sector en calquera economato laboral dos existentes ou de nova creación ou cooperativa de consumo ou institución similar tan pronto como sexa posible, así como das condicións da súa integración.

O anterior non afectará ós traballadores que xa se encontren integrados nalgún dos establecementos citados.

As empresas darán facilidades nas quendas a todos aqueles traballadores que estean realizando estudios.

Recoméndase a tódalas empresas o estudio para establecer un seguro de responsabilidade civil para tódolos traballadores afectados polo presente convenio.

Artigo 32º.-Atrasos

As empresas afectadas polo presente convenio disporán de dous (2) meses a partir da súa publicación no BOP para liquidar ós seus traballadores os atrasos que se producisen desde o 1 de xaneiro de 1994.

Artigo 33º.-Comisión paritaria

Estará composta por tres representantes da parte social e outros tres da patronal, acompañados dos seus respectivos asesores. As súas funcións son:

a) Interpretación do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lles sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

A comisión paritaria reunirase por instancia de calquera da partes.

Táboas salariais ano 1996

Categorías

Salario base

mensual

Salario anual

Grupo A):
Director médico146.3552.195.325
Director administrativo146.3552.195.325
Subdirector médico141.9242.128.860
Subdirector administrativo141.9242.128.860

Grupo B): Persoal sanitario
Técnicos superiores:
Médico xefe departamento139.7052.095.575
Médico xefe servicio133.0531.995.795
Médico xefe clínico128.6141.929.210
Médico adxunto124.1781.862.670
Farmacéuticos e odontólogos124.1781.862.670
Médico residente ou interno110.8761.663.140

Categorías

Salario base

mensual

Salario anual

Titulados de grao medio
Xefe de enfermería110.8761.663.140
Subxefe de enfermería105.8531.587.795
Supervisora de enfermería105.8531.587.795
A.T.S., enfermeiras103.1191.546.785
Matronas103.1191.546.785
Fisioterapeutas103.1191.546.785
Terapeuta ocupacional103.1191.546.785
Técnico F.P.94.8041.422.060

Non titulados
Mestre de logofonía105.6291.584.435
Mestre de xordos105.6291.584.435
Monitor de logofonía95.3551.430.325
Monitor de xordos95.3551.430.325
Monitor ocupacional95.3551.430.325
Monitor educación física 95.3551.430.325
Auxiliar sanitario86.4881.297.320
Auxiliar sanitario espec.86.4881.297.320
Puericultores86.4881.297.320
Auxiliar de clínica86.4881.297.320
Coidador psiquiátrico86.4881.297.320

Grupo C) Persoal técnico non sanitario
Titulados superiores
Letrado ou asesor xurídico124.1781.862.670
Arquitecto124.1781.862.670
Enxeñeiro124.1781.862.670
Físico e químico124.1781.862.670
Economista124.1781.862.670

Titulados de grao medio
Titulado mercantil103.1181.546.770
Enxeñeiro técnico103.1181.546.770
Mestre nacional103.1181.546.770
Graduado social103.1181.546.770
Asistente social103.1181.546.770
Profesor de educación física103.1181.546.770

Grupo D) Persoal administrativo
Administrador141.9232.128.845
Xefe de sección139.7052.095.575
Xefe de negociado133.0571.995.855
Oficial administrativo95.3551.430.325
Auxiliar administrativo84.2671.264.005

Grupo E) Persoal subalterno
Conserxe99.7921.496.880
Vixilante nocturno86.4861.297.290
Ordenanza84.2671.264.000
Porteiro84.2671.264.000

Grupo F) Persoal de servicios xerais
Xefe de cocina99.7971.496.955
Encargado, xefe de almacén90.8591.362.885
Cociñeiro/a, cortadoras86.4861.297.290
Telefonista máis de 50 Telf.86.4861.297.290
Telefonista menos de 50 Telf.84.2671.264.005
Pranchadoras85.3771.280.655
Costureiras84.2671.264.005
Axudante cociña, camareiro/a84.2671.264.005
Pinche de cociña77.6761.165.140
Fregador, lavandeiras, limpadoras77.6761.165.140

Categorías

Salario base

mensual

Salario anual

Persoal de oficios varios
Xefe de taller99.7971.496.955
Electricista89.8121.347.180
Calefactor89.8121.347.180
Fontaneiro89.8121.347.180
Conductor de 1ª89.8121.347.180
Maquinista de lavadoiro89.8121.347.180
Albanel89.8121.347.180
Pintor89.8121.347.180
Carpinteiro89.8121.347.180
Conductor de 2ª80.2851.204.275
Xardineiro80.2851.204.275
Perruqueiro80.2851.204.275
Axudante destes oficios80.2851.204.275
Peón76.5041.147.560

96-9399