Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

No BOP nº 233, do 2 decembro de 1996 insírese anuncio deste concello no que se publica integramente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da unidade de execución 14.1 do PXOU de Pontevedra, sita entre as rúas A Estrada e Pedra do Lagarto, e que foi inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno (delegación da Alcaldía, do 15-7-1996) na sesión do pasado 11 de novembro.

Durante o prazo de quince días hábiles a partir da publicación deste anuncio, exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Teresa) para que poida ser examinado por cantas persoas se consideren interesadas ou afectadas.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes.

Pontevedra, 3 de decembro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral