Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 26 de decembro de 1996 Páx. 11.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A comisión de Goberno do Concello de Cangas, en sesión con data 19-9-1996, acordou a aprobación inicial do estudio de detalle polo que se reaxusta a aliñación do vial contiguo á parcela onde se situará o centro de saúde. De conformidade co sinalado no artigo 117.3º do T.R. da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, sométese a información pública polo prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo o expediente poderá ser examinado na secretaría xeral do concello, podédonse formula-las alegacións que se consideren procedentes.

Cangas, 7 de outubro de 1996.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

9294