Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 24 de decembro de 1996 Páx. 11.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, da obra de clave SV/AC/96.1.

Avertido erro no texto publicado da citada resolución, relativa á obra de acondicionamento da travesía de Bastiagueiro LC-173 p.q. 1+200/3+292, Oleiros, publicada no Diario Oficial de Galicia número 243, de data 13 de decembro deste ano, páxina 11.415, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 11.415, liña 13, onde di: «Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría 3», debe dicir: «Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e».

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Santiago de compostela, 18 de decembro de 1996.

P.D.(O. do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9180