Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 24 de decembro de 1996 Páx. 11.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de novembro de 1996, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as liquidacións dictadas polas oficinas liquidadoras de Caldas de Reis e Cambados relativas ós contribuíntes que se citan (expediente 73/1987 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio desta publicación as liquidacións relativas ós conceptos tributarios e contribuíntes dos que se indican datos e último domicilio coñecido, xa que a notificación polos medios habituais non puido practicarse.

Os acordos de liquidación foron dictados polo liquidador da oficina liquidadora correspondente, de acordo coas normas reguladoras de cada tributo. A comprobación da valoración realizouse de acordo co establecido no artigo 52 da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro).

Prazos para efectua-lo ingreso: artigo 20 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro.

-Os notificados entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data desta publicación ata o día 5 do mes seguinte ou día hábil inmediato posterior.

-Os notificados entre os días 16 e derradeiro de cada mes: desde a data desta publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

As débedas non ingresadas en período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento.

Modo de ingreso:

1) Na oficina liquidadora de Caldas de Reis, rúa José Salgado, 5 e na oficina liquidadora de Cambados, rúa Ourense, 3, segundo corresponda, en metálico ou cheque conformado.

Recursos:

-Recurso de reposición no prazo de 15 días perante o órgano que practicou a liquidación ou reclamación económico-administrativa no prazo de 15 días diante do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Secretaría Delegada de Pontevedra, praza de Ourense, 2-Pontevedra), ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte desta publicación, sen que poidan simultanearse.

A interposición do recurso ou da reclamación non suspende a obriga de efectua-lo ingreso, salvo o establecido no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro.

Taxación pericial contradictoria:

Ademais, no mesmo prazo, y en corrección do resultado da comprobación de valores, poderá promove-la práctica da taxación pericial contradictoria, o que determinará a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela. A taxación solicitarase ante a oficina liquidadora correspondente.

Pontevedra, 26 de novembro de 1996

P.A. (D. 117/1994, do 4 de marzo)

Aída Rosell Ramos

Secretaria

Imposto sobre transmisións e A.X.D.-Oficina liquidadora de Cambados

Nº Expt./AnoNº liquid.ContribuínteDNIEnderezoBase

impoñible

Cota

73/1987165/1996Playas del Camello, S.A.A-5400429RU. Aragón, 27 Vigo144.000.000720.000
74/1987165/1996Playas del Camello, S.A.A-5400429RU. Aragón, 27 Vigo8.737.90043.690
424/199569/1996Pasquale Imparato579794-YCl. Alférez Provisional, 8,

Pontevedra

993.000068.612
429/199577/1996Domínguez Fdez., Fco.35370811RU. Peralto, s/n-O grove1.190.40082.359

Imposto sobre doazóns-Oficina liquidadora de Caldas de Reis

594/19943317/1994Duvale Lorenzo, Luis76867692LG. Santiaguiño-Godos--Caldas de Reis957.613111.294

9436