Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Interior, pola que se dispón a publicación, para efectos de notificación do acordo do Consello da Xunta de Galicia no que se aproba a resolución recaída no expediente sancionador C-2/1996 en materia de xogo.

Intentadas inutilmente as notificacións directas anteriores cursadas á sociedade Complejo Educativo, S.A. na tramitación deste expediente, e ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolvo dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 11 de outubro de 1996, que na súa parate dispositiva di o seguinte:

1. Sanciona-lo titular da máquina Mini Tómbola de Reloxos, Complejo Educativo, S.A. cunha multa dun millón mil pesetas (1.001.000 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 d) e g) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei14/1985, por ter unha máquina recreativa carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente. Impoñer como sanción accesoria o decomiso definitivo para a destrucción da máquina en cuestión.

2. Sanciona-lo titular da máquina Mini Tómbola Tradicional, Francisco Raña Castro, cunha multa dun millón mil pesetas (1.001.000 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 d e g da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable polos artigos 31 e 32 da mesma lei, por ter unha máquina recreativa e carecer de toda a documentación esixida pola lexislación vixente. Impoñer como sanción accesoria o decomiso definitivo para a destrucción da máquina en cuestión.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer, o interesado, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma prevista na Lei xurisdiccional, do 27 de decembro de 1956, do contencioso-administrativo, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo seu paga

mento en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, número 311.300.4355/23 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de contrinximento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

9278