Obxecto: subministración de maquinaria para aumento de producción da fábrica de xeo sita no porto pesqueiro de Portosín (Porto do Son - A Coruña).
Prazo de execución: tres (3) meses contados desde a sinatura do contrato.
Orzamento: vintenove millóns novecentas sesenta mil duascentas dúas pesetas (29.960.202 ptas.).
Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, nº 75, Santiago de Compostela) ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.
Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo
de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do primeiro día hábil no que se cumpran vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Apertura de proposicións: na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, en acto público ás 10 horas do día 22 de xaneiro de 1997.
Documento que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario e deberá ser aboado con anterioridade á sinatura do contrato.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.
Juan M. López García
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
96-9170