Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 23 de decembro de 1996 Páx. 11.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de subministracións polo sistema de procedemento aberto por concurso e como expediente anticipado de gasto.

Obxeto: subministración de instalacións frigoríficas para realizar na fábrica de xeo e cámaras frigoríficas sitas no porto pesqueiro de Aguiño (Ribeira - A Coruña).

Prazo de execución: tres (3) meses contados desde a sinatura do contrato.

Orzamento: vintesete millóns oitocentas vinteúnha mil trescentas oitenta pesetas (27.821.380 ptas.).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, nº 75, Santiago de Compostela) ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do primeiro día hábil no que se cumpran vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, en acto público ás 11 horas do día 22 de xaneiro de 1997.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario e deberá ser aboado con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

96-9169