Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que se lle autoriza o cambio de denominación ó instituto de formación profesional de Monte Alto da Coruña.

Vista a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14 de xaneiro de 1992), pola que se establece o procedemento para a denominación de centros públicos de ensino non universitario, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Código do centro: 15022607

Denominación: Instituto de Formación Profesional Monte Alto de A Coruña.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Anxel Casal- Monte Alto.

9291