Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 20 de decembro de 1996 Páx. 11.733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 5 de decembro de 1996 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Evolución dos orzamentos das corporacións locais de Galicia. 1985-1992.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación Evolución dos orzamentos das corporacións locais de Galicia. 1985-1992.

2. Este prezo entenderase, no seu caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Evolución dos orzamentos das corporacións locais de Galicia 1985-1992: 2.000 ptas.

9317