Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita (expediente 412/1996).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 412/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: vía de conexión de Enxeñería Industrial á Facultade de Ciencias do Mar.

b) Lugar de execución: Lagoas-Marcosende.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 31.537.358 pesetas.

5. Garantías.

-Provisional: 630.747 pesetas.

-Definitiva: 1.261.494 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto nº 1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: (981) 81 35 71.

e) Telefax: (981) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible: grupo G, subgrupo 6, categoría D.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que deberán presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

-Domicilio: r/ Oporto nº 1, planta baixa.

-Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto nº 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 12 de decembro de 1996.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

9337