Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación do contrato que se cita (expediente 305/1996).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 305/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: póliza de seguro contra todo risco de perdas ou danos materiais que se produzan nos bens da Universidade de Vigo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.500.000 pesetas.

5. Garantías.

-Provisional: dispensada, segundo prego.

-Definitiva: 420.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto nº 1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: (981) 81 35 71.

e) Telefax: (981) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible: grupo III, subgrupo 8, categoría A.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que deberán presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

-Domicilio: r/ Oporto nº 1, planta baixa.

-Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto nº 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 26 de novembro de 1996.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

9336