Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 96/818 RCI 15/17791).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Cárnicas Albino, S.L., con enderezo no lugar da Madalena, parroquia de Furelos, concello de Melide (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se ten que efectuar na factoría da empresa situada no devandito enderezo.

Planta de coxeración cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 1.520 kWE, composta de:

-Dous motores de combustión interna tipo diesel, que funcionan con gasóleo e cunha potencia de 798 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos, de 1.200 kVA cada un, cunha tensión de xeración de 380 V a 50 Hz e un factor de potencia de 0,8.

-Dúas caldeiras de recuperación de gases de escape, e instalacións complementarias para a xeración de vapor e auga quente.

-Instalacións de baixa tensión, regulación e control de todo o sistema, así como os de interconexión coa rede xeral de distribución de enerxía eléctrica.

Orzamento aproximado de investimento para a planta: 126.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 18 de novembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-9136