Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/119-2-4595 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de exe

cución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45. 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., Subt. mercado Campo-Feira.

Situación: Monterroso.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor R.H.V./150 Al, cunha lonxitude de 470 metros, para instalación eléctrica en mercado do Campo-Feira en Monterroso.

Orzamento: 8.389.179 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 15 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8865