Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a impartición experimental de programas de garantía social, durante o curso 1996/1997, ó centro privado de formación profesional Daniel Castelao, de Vigo.

Na Orde do 9 de maio de 1996 (DOG do 28) díctanse as normas para a regulación de programas de garantía social durante o curso 1996/1997, con carácter experimental, en centros públicos e privados homologados de formación profesional de Galicia.

Tendo en conta o establecido na dita orde e o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle, para o curso escolar 1996/1997, a imparticion de programas de garantía social ó centro privado de formación profesional Daniel Castelo, coa correspondente denominación das ensinanzas segundo o anexo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Centro privado de formación profesional Daniel Castelao, de Vigo.

Programas de garantía social:-Introducción á electricidade, da familia profesional de electricidade e electrónica.-Introducción á electrónica, da familia profesional de electricidade e electrónica.-Iniciación ás técnicas administrativas, da familia profesional de administración e xestión.-Introducción á informática, da familia profesional de informática.

9129