Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a implantación de ciclos formativos nos centros públicos que se relacionan no anexo.

Estudiadas as propostas promovidas ó abeiro da Orde do 22 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1996/1997, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

É polo que esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Autoriza-la implantación de ciclos formativos para o curso 1996-1997, nos centros públicos que figuran no anexo, coa correspondente denominación das ensinanzas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

EnsinanzasCentros

Familia profesional de artes aplicadas da escultura
-Título de técnico de artes plásticas e deseño en ebanistería artísticaEscola de arte Antonio Failde, Ourense
-Título de técnico de artes plásticas e deseño en talla artística en madeiraEscola de arte Pablo Picasso, A Coruña
-Título de técnico de artes plásticas e deseño en talla artística en pedraEscola de arte Mestre Mateo, Santiago de Compostela

Familia profesional de xoiería de arte
-Título de técnico superior de artes plásticas e deseño en xoiería artísticaEscola de arte Mestre Mateo, Santiago de Compostela

Familia profesional de deseño gráfico
-Título de técnico superior de artes plásticas e deseño en gráfica publicitariaEscola de arte Pablo Picasso, A Coruña

Escola de arte Ramón Falcón, Lugo

Familia profesional de deseño e interiores
-Título de técnico superior de artes plásticas e deseño en proxectos e dirección de obras de decoraciónEscola de arte Pablo Picasso, A Coruña

Escola de arte Ramón Falcón, Lugo

Escola de arte Antonio Failde, Ourense

Escola de arte Mestre Mateo, Santiago de Compostela

9131