Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A..
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: L.M.T. Subt. de saída subestación de Foz.
Situación: Foz.
Características técnicas: tres liñas de media tensión subterráneas a 20 kV, en conductor D.H.V. 15/25, 1x150 mm Al, e con lonxitudes de 610, 250 e 890 metros, de saída subestación de Foz.
Orzamento: 8.673.117 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve.
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 5 de novembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8998