Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 1996/31-2-4503 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A..

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e R.B.T. para edificio na rúa Misericordia.

Situación: Covas-Viveiro.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 190 metros

e con cable D.H.V. 15/25 de 1x150 mm Al. Rede de baixa tensión con cable DN-RA-0,6/1 kV de 3(1x150)+1x95 mm Al e 3(1x95)+1x70 mm Al, para subministración eléctrica ó edificio Arsar e promotora Covas, na rúa Misericordia, Covas-Viveiro.

Orzamento: 7.472.385 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 5 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8994