Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A..
Enderezo social: Ciudad de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. edificio José Antonio Pérez Aldariz.
Situación: Lugo.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en cable D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 385 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/380-220 V±2,5%±5%, para dar servicio eléctrico ó edificio José Antonio Pérez Aldaríz, na rúa Pintor Pacios, en Lugo.
Orzamento: 5.654.865 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve.
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mellor e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 30 de outubro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8990