Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 1996/71-2-4541 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. Urbaniz. Hernos. Pérez Rúa-Filgueiro Rosende.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 580 metros, en conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/380-220 V ±2,5%±5%, para subministración electríca a urbanización Hernos. Pérez Batallón, na rúa Filgueiro-Rosende en Lugo.

Orzamento: 4.257.429 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro,

sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 30 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8987