Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro privado concertado Nebrija, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado por José María Bouzo Argibay, en nome e representación de Colegio San Miguel, S.L. e outros titular do centro privado Nebrija, de Vigo (Pontevedra), en solicitude de cambio de denominación do devandito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se uniron a este os documentos esixidos e que a petición recibiu informe favorable da Inspección de Educación e da propia delegación provincial.

Resultando que o referido centro ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 401/1979, do 13 de febreiro (BOE do 8 de marzo), o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería dispón:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado concertado Nebrija de Vigo (Pontevedra) que pasará a denominarse San Miguel 2.

O cambio de denominación non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9222