Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 95/144-2-4401 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 95-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Palas de Rei, estrada de Melide.

Situación: Melide-Palas de Rei.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en apoios de formigón cunha lonxitude de 336 metros.

Centro de transformación tipo intemperie de 160 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 1.610 metros, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico na zona de Palas de Rei, estrada de Melide, no concello de Palas de Rei.

Orzamento: 8.100.000 pesetas.

Cumpridos os tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 11 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8948