Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 95/142-2-4399 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade

pública e aprobación do proxecto da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 95-Ourense.

Denominación: L.M.T. Meixide-Pena Couto.

Situación: Chantada.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con apoios de formigón cunha lonxitude de 2.779 metros a L.M.T. Meixide-Pena Couto; 270 metros a L.M.T. a C.T. de Airoa e 443 metros a L.M.T:, a C.T. Meixide, para mellora do servicio eléctrico en Meixide-Pena Couto, no concello de Chantada.

Orzamento: 10.395.000 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 11 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-9067