Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.496

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 2396/1996, do 22 de novembro, sobre modificación dos medios persoais adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1639/1996, do 5 de xullo, en materia de asociacións.

O Real decreto 1639/1996, do 5 de xullo, aprobou o acordo da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, adoptado polo Pleno da dita comisión celebrado o 25 de xuño de 1996, polo que se traspasaban as funcións e servicios da Administración do Estado en materia de asociacións, así como os medios materiais, persoais e orzamentarios adscritos a eles.

Por proceder agora modifica-la relación de medios persoais que foron obxecto de traspaso mediante o real decreto antes citado, a Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia adoptou ó respecto o oportuno acordo na súa sesión do Pleno celebrado o día 14 de novembro de 1996.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vintedous de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, adoptado polo Pleno da dita comisión en data 14 de novembro de 1996, polo que se modifican os medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións.

Artigo 2º

En consecuencia, a correspondente relación de medios persoais que foi obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1639/1996, do 5 de xullo, queda modificada nos termos que figuran no anexo do presente real decreto.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado asemade no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e adquirirá vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid, vintedous de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia certifican que na sesión plenaria da Comisión Mixta, celebrada o día 14 de novembro de 1996, se adoptou un acordo sobre modificación da relación de medios persoais traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1639/1996, do 5 de xullo, nos termos que a seguir se indican:

A) Medios traspasados que se modifican.

1. Queda sen efecto o traspaso dos medios persoais que se indican na relación adxunta número 1.

2. Modifícase a relación número 2 do anexo ó acordo de traspaso aprobado por Real decreto 1639/1996, do 5 de xullo, e inclúese o persoal que se indica na relación adxunta número 2.

B) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 14 de novembro de 1996.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid o 14 de novembro de 1996. Os secretarios da Comisión Mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín.

RELACIÓN NÚMERO 1

Transferencias á Comunidade Autónoma de Galicia

Retribucións anuais (1994)

Apelidos e nome

Número de

Rexistro persoal

Corpo ou

escala

Posto de traballo

Situación

administrativa

Localidade

Básicas

pesetas

Complementarias

Pesetas

Total

Pesetas

Muradas Ramos, Constante

Juan

3527510702A1122XestiónJ. Sec. Autor. Admvas.ActivoPontevedra2.166.1921.381.1043.547.296

RELACIÓN NÚMERO 2

Transferencias á Comunidade Autónoma de Galicia

Retribucións anuais (1994)

Apelidos e nome

Número de

Rexistro persoal

Corpo ou

escala

Posto de traballo

Situación

administrativa

Localidade

Básicas

pesetas

Complementarias

Pesetas

Total

Pesetas

Martín Hernández, Eugenio1768217246A1122XestiónJ. Secci. Admones. TerritoriaisActivoPontevedra2.149.8821.381.1043.530.986

9188