Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.439

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de decembro de 1996 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal de nova creación na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Coa creación do Servicio Galego de Colocación e a informatización da xestión da formación ocupacional, é necesaria a creación de novos ficheiros automatizados xestionados polos servicios desta

consellería. O artigo 18 da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, da regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal (Boletín Oficial del Estado nº 262, do 31 de outubro), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros automatizados das administracións públicas só poderán facerse por medio dunha disposición xeral publicada no diario oficial correspondente.

Co fin de dar cumprimento ó mandato legal e garanti-lo pleno exercicio dos dereitos dos cidadáns, e en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Créanse os seguintes ficheiros automatizados da Consellería de Familia, Muller e Xuventude que conteñen e procesan datos de carácter persoal:

1. Ficheiro do Servicio Galego de Colocación.

2. Ficheiro de alumnos de formación ocupacional.

3. Ficheiro de profesores de formación ocupacional.

Artigo 2º.-Ficheiro do Servicio Galego de Colocación.

1. Finalidade e usos previstos: cruzamento coas ofertas de emprego introducidas no sistema co obxecto da súa posible candidatura para ocupa-lo posto de traballo ofertado.

2. Persoas ou colectivos afectados: desempregados e activos na situación de mellora de emprego.

3. Procedemento de recollida de datos: formularios cubertos polo interesado coa axuda dun experto que o entrevista.

4. Estructura básica e tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº Seguridade Social, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

-Datos de características persoais: estado civil, datos da familia, data e lugar de nacemento, sexo, nacionalidade, lingua materna, características físicas ou antropométricas, pertenza a colectivo especial

-Datos de circunstancias sociais: situación militar, afeccións e estilos de vida, licencias, permisos e autorizacións.

-Datos académicos e profesionais: formación e titulacións, experiencia profesional, situación laboral.

-Datos económico-financeiros: subsidios, beneficios.

5. Cesión de datos de carácter persoal.

-Instituto Nacional de Emprego.

6. Órganos e servicios da Administración responsables.

A responsabilididade corresponde, baixo a autoridade do secretario xeral, ó subdirector xeral de Colocación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos ficheiros corresponda ó xefe de cada un dos respectivos servicios ou unidades. Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se é o caso, perante a Subdirección Xeral de Colocación.

Artigo 3º.-Ficheiro de alumnos de formación ocupacional.

1. Finalidade e usos previstos: xestión da formación profesional ocupacional e elaboración de estatísticas.

2. Persoas ou colectivos afectados: alumnos de cursos de formación ocupacional.

3. Procedemento de recollida de datos: cubrir formularios por parte da entidade impartidora do curso coa achega de datos do propio interesado.

4. Estructura básica e tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº Seguridade Social, nome e apelidos, enderezo, teléfono

-Datos de características persoais: data e lugar de nacemento, sexo, pertenza a colectivo especial.

-Datos académicos e profesionais: formación e titulacións, situación laboral.

-Datos económico-financeiros: conta bancaria.

5. Cesión de datos de carácter persoal.

-Instituto Nacional de Emprego

6. Órganos e servicios da Administración responsables.

A responsabilidade corresponde, baixo a autoridade do secretario xeral, ó subdirector xeral de Formación Ocupacional, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos ficheiros corresponda ó xefe de cada un dos respectivos servicios ou unidades. Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se é o caso, perante a Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

Artigo 4º.-Ficheiro de profesores de formación ocupacional.

1. Finalidade e usos previstos: xestión da formación profesional ocupacional e elaboración de estatísticas.

2. Persoas ou colectivos afectados: profesionais que imparten cursos de formación ocupacional.

3. Procedemento de recollida de datos: cubrir formularios por parte da entidade impartidora do curso coa achega de datos do propio interesado.

4. Estructura básica e tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº Seguridade Social, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

-Datos académicos e profesionais: formación e titulacións.

5. Órganos e servicios da Administración responsables.

A responsabilidade corresponde, baixo a autoridade do secretario xeral, ó subdirector xeral de Formación Ocupacional, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos ficheiros corresponda ó xefe de cada un dos respectivos servicios ou unidades. Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, poderán exercerse, se é o caso, perante a Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

Disposición adicional

A cesión, se é o caso, dos datos recollidos nos ficheiros regulados na presente orde ós servicios de estatística das administracións públicas someterase á normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

9172