Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

CONVOCATORIA.

Convócanse probas selectivas para prove-las prazas que se indican de conformidade coas bases xerais aprobadas polo Concello en Pleno o 26 de xaneiro de 1996 (BOP nº 67, do 3 de abril) e as específicas aprobadas polo Concello en Pleno o 29 de marzo de 1996 e que se publican a continuación.

Bases específicas para o acceso á subescala administrativa de Administración xeral

I. Número e características das prazas convocadas:

Convócanse probas selectivas para o acceso a escala de Administración xeral, subescala administrativa (grupo C) deste concello, mediante promoción interna. O número de prazas convocadas é de tres, que corresponden a vacantes no cadro de persoal funcionario deste concello, incluídas na oferta de emprego público de 1996.

II. Requisitos dos aspirantes:

Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes, de conformidade co establecido no artigo 22 e na disposición adicional 22 da Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública, na súa actual redacción, deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente, ou ter unha antigüidade mínima de dez anos na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, e,

b) Pertencer á subescala auxiliar de Administración xeral do Concello de Nigrán, cunha antigüidade de polo menos dous anos na referida subescala.

III. Sistema selectivo:

Será o de concurso-oposición. A selección rexerase, ademais de por estas bases específicas, polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo, aprobadas polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 1996.

IV. Fase de concurso:

Nesta fase valoraranse os méritos acreditados polos aspirantes, ata un máximo de 8 puntos, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano completo de servicio efectivo que o aspirante teña recoñecido no grupo D desde a toma de posesión como auxiliar de Admi nistración xeral, 0,25 puntos, ata un máximo de 4 puntos.

2. Méritos relacionados coa carreira e cos postos desempeñados: valorarase ata un máximo de 1,5 puntos.

3. Nivel de formación:

3.1. Títulos académicos superiores ó esixido ata 1,5 puntos.

3.2. Cursos relacionados cos cometidos propios da escala de Administración xeral, 0,5 puntos, de conformidade co seguinte criterio:

-Por cada curso de duración igual o superior a 30 horas: 0,20 puntos.

-Por cada curso de menos de 30 horas: 0,10 puntos.

3.3. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación, 0,25 puntos; curso de perfeccionamento, 0,25 puntos.

V. Fase de oposición:

Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Contestar por escrito, no tempo máximo de dúas horas, un tema que se escollerá de entre tres sacados ó chou, a razón de un por cada unha das tres opcións que figuran no anexo.

2. Realización, no tempo máximo de dúas horas, dun suposto práctico que se escollerá de entre tres supostos polo tribunal, a razón de un por cada unha das tres opcións que figuran no anexo.

Cualificación dos exercicios da oposición:

Os exercicios da oposición serán obrigatorios e eliminatorios. Cada un deles será valorado de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos en cada un deles para superalos.

ANEXO

Opción A:

1. O procedemento administrativo e as súas fases. Os dereitos dos cidadáns. Os prazos e o seu cómputo. As notificacións.

2. Os contratos administrativos: clases e procedementos de contratación.

3. O patrimonio das entidades locais. Clases de bens. Alleamento de bens. O procedemento expropiatorio.

4. O persoal ó servicio da Administración local. Clasificación. Procedementos de selección e de provisión de postos de traballo.

5. Os servicios públicos locais. Formas de xestión. Procedemento para outorgar unha concesión.

6. A poboación municipal e a súa clasificación. Trámites relacionados co padrón de habitantes. Os dereitos dos veciños.

7. A lexislación urbanística vixente. Normativa estatal e autonómica.

8. Planeamento urbanístico. Clase de plans.

9. Plan xeral de ordenación urbana e normas subsidiarias do planeamento. Contido. Procedemento para a súa aprobación ou modificación. A publicidade dos plans e o deber de información.

10. Plans parciais de ordenación, plans especiais, estudios de detalle, proxectos de urbanización: obxecto e trámites para a súa aprobación.

11. Clasificación do solo: solo urbano. Solo urbanizable. Solo non urbanizable. Xestión urbanística: unidades de execución. Procedemento para a súa delimitación.

12. Sistemas de actuación. As fases do sistema de compensación. O procedemento de reparcelación. O sistema de expropiación e a súa tramitación.

13. Licencias urbanísticas. Actos suxeitos s licencia. Competencia e procedemento para o seu outorgamento.

14. A declaración de ruína. Ordes de execución. Usos e obras provisionais.

15. Disciplina urbanística. Medidas de restauración da legalidade urbanística: os distintos procedementos.

16. Infraccións e sancións. Tipoloxía. Persoas responsables. O procedemento sancionador.

17. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas reguladoras do solo urbano.

18. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas reguladoras do solo urbanizable.

19. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas reguladoras do solo non urbanizable.

20. Normas subsidiarias de Nigrán: requisitos para a tramitación de licencias. Documentación. Solicitude de aliñación. Requisitos de urbanización. Edificacións fóra de ordenación. Patrimonio cultural: edificios protexidos; obras permitidas. Documentación para a solicitude de licencia.

Opción B:

1. O financiamento das facendas locais en España: marco legal; fontes de ingresos.

2. Imposición e ordenación dos tributos locais.

3. Imposto sobre bens inmobles.

4. Imposto sobre actividades económicas.

5. Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

6. Imposto municipal de incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

7. Imposto de construccións, instalacións e obras.

8. Taxas municipais en xeral. Taxas de tramitación de licencias, sumidoiros, recollida de lixo.

9. Prezos públicos.

10. Contribucións especiais.

11. Operacións de crédito: a curto e longo prazo.

12. Orzamento municipal: concepto, natureza e efectos. Principios orzamentarios: unidade, universalidade, orzamento bruto, non afección, unidade de caixa, equilibrio, especificación e especialidade, a anualidade.

13. Elaboración do orzamento. Calendario. Documentos que o compoñen. Tramitación e recursos.

14. As modificacións orzamentarias.

15. Execución do orzamento de gastos. Fases. O pagamento. Pagamentos a xustificar. Anticipos de caixa fixa.

16. Control interno: función interventora. Control externo: o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

17. Contabilidade pública local. Contabilidade do orzamento de gastos exercicio corrente. Contabilidade dos orzamentos de gastos exercicios pechados.

18. Contabilidade orzamento de ingresos exercicio corrente. Contabilidade orzamentos de ingresos exercicios pechados. Contabilidade operacións non orzamentarias.

19. Operacións de regulación e peche da contabilidade. Liquidación do orzamento. Contas xerais.

20. Estados patrimoniais, financeiros e económicos. Estados orzamentarios. Inventario. Balance de situación.

Opción C:

1. O financiamento das facendas locais en España. Marco legal. Fontes de ingreso. Imposición e ordenación de tributos locais.

2. O imposto sobre bens inmobles. Imposto sobre actividades económicas. Imposto municipal sobre vehículos de tracción mecánica.

3. Imposto municipal sobre o incremento, valor dos terreos de natureza urbana. Imposto sobre cons

truccións, instalacións e obras. Taxas municipais. Prezos públicos. Contribucións especiais.

4. Orzamento municipal. Elaboración e tramitación. As modificacións orzamentarias.

5. Xestión tributaria: liquidación e inspección.

6. Xestión da recadación: xestión en período voluntario e período de constrinximento.

7. Obrigados ó pagamento.

8. O pagamento. Medios. Xustificantes. Afianzamentos. Efectos.

9. Aprazamento e fraccionamento. Outras formas de extinción de débedas.

10. Recadación en período voluntario: débedas de vencemento non periódico e débedas de vencemento periódico e notificación colectiva.

11. Procedemento de constrinximento. Efectos, motivos de impugnación. Recargo. Suspensión. Notificacións.

12. Títulos de execución. Ingresos. Prazos. Xuros de demora.

13. Embargo de bens: orde de embargo. Embargo de diñeiro efectivo ou en contas abertas en entidades de depósito. Embargo de créditos, valores e dereitos executables no acto ou en prazo curto. Embargo de saldos, salarios ou pensións.

14. Embargo de bens inmobles, establecementos mercantís e industriais, metais preciosos, xoias, beneficios e rendas, bens mobles e semoventes e créditos a longo prazo.

15. Depósito de bens embargados. Alleamento de bens embargados. Cursos de procedemento de embargo. Créditos incobrables.

16. Impugnación dos actos da recadación: recursos. As tercerías.

17. Contas de recadación. Semestrais e anuais. Cargos e descargos en tesourería.

18. Organización e funcionamento da tesourería das entidades locais. Principio da unidade de caixa.

19. Estado da tesourería. Estado das situacións non orzamentarias da tesourería e estado da situación e movemento de valores.

20. Remanente de tesourería. Contabilidade auxiliar da tesourería. Retencións tributarias.

Nigrán, 9 de setembro de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde