Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público como expediente anticipado de gasto, procedemento aberto con trámite de urxencia, para a elaboración dun plan de actuación que facilite a creación de centros ocupacionais para minusválidos.

Obxecto: contrato de asistencia para a elaboración e estructuración dun plan de actuación para facilitar

e impulsa-la creación e posta en funcionamento de centros ocupacionais para minusválidos.

Orzamento de licitación: 5.100.000 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: de xaneiro a decembro de 1997.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Garantia provisional: 102.000 ptas.

Clasificación requirida: non se esixe.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas podarán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais, ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais