Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza en varios centros para servicios sociais dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de limpeza que se indican.

Cada un dos centros conforma 1 lote, podendo os licitadores presentarse a un ou varios dos diversos lotes.

-Residencia terceira idade de Campolongo (Pontevedra).

Orzamento do contrato: 10.100.000 ptas. (dez millóns cen mil pesetas).

Garantía provisional: 202.000 ptas. (duascentas dúas mil pesetas).

Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

-Centro Social de Coia (Vigo).

Orzamento do contrato: 3.400.000 ptas. (tres millóns catrocentas mil pesetas).

Garantía provisional: 68.000 ptas. (sesenta e oito mil pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Centro social do Calvario (Vigo).

Orzamento do contrato: 6.000.000 de ptas. (seis millóns de pesetas).

Garantía provisional: 120.000 ptas. (cento vinte mil pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Centro social de Baiona.

Orzamento do contrato: 2.500.000 ptas. (dous millóns cincocentas mil pesetas).

Garantía provisional: 50.000 ptas. (cincuenta mil pesetas).

Clasificación: non se esixe.

-Fogar da terceira idade de Redondela.

Orzamento do contrato: 1.400.000 ptas. (un millón catrocentas mil pesetas).

Garantía provisional: 28.000 ptas. (vinteoito mil pesetas).

Clasificación: non se esixe.

Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 25 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra