Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre 96/0042.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, A Coruña.

De no efectua-lo pago voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 18 de novembro de 1996.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/0042.

Denunciada: Ana Belén, Adele Asorey.

DNI: 52.931.093

Último enderezo coñecido: r/ Manzanares 55-2º; Ribeira-A Coruña.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do Parque Natural de Currubedo.

Tipificación infracción da Lei 4/1989 CEN:

-Artigo infrinxido: 38.13ª

-Cualificación infrancción: leve.

Sanción: 45.000 ptas.