Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos procedementos sancionadores de incendios, que se citan (expediente 084I/1996 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294 do 1-12), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38 do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

De non efectuaren o pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e con establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 5 de novembro de 1996.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

Exediente: 084I/1996

Denunciado: Regueira Vázquez, Dolores.

Último enderezo coñecido: Joaquín Planelles, s/n A Coruña.

Feito denunciado: queima sen autorización e sen adoptar precauciones.

Tipificación, Rgulamento incendios:

Artigo: 138.C

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 35.000 ptas.

Expediente: 150I/1996

Denunciado: Yáñez García, Rafael.

Último enderezo coñecido: As Penas, 29, Brión-A Coruña.

Feito denunciado: abandono da queima antes de estar totalmente apagada.

Tipificación, Regulamento incendios:

Artigo: 138.B

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Expediente: 125I/1996

Denunciado: Vilanova Piñeiro, Guillermo.

Último enderezo coñecido: Ponte Maceira-Agrón, Ames-A Coruña.

Feito denunciado: queima sen autorización.

Tipificación, Regulamento incendios:

Artigo: 137.B

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Expediente: 096I/1996

Denunciado: Amboage Dopazo, Marcelino.

Último enderezo coñecido: Monte Aberto-Dombodán, Arzúa-A Coruña.

Feito denunciado: queima sen autorización.

Tipificación, Regulamento incendios:

Artigo: 137.B

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 25.000 ptas.