Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996 pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 1996, polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Sociedad Española de Radiodifusión para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Ferrol (A Coruña).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de outubro de 1996, relativo á modificación das condicións da concesión definitiva outorgada a Sociedad Española de Radiodifusión para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Ferrol (A Coruña), resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 31 de outubro de 1996, polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Sociedad Española de Radiodifusión para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Ferrol (A Coruña), texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

José Manuel Soto Vázquez

Director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual

Anexo á Resolución do 12 de novembro de 1996

Acordo do 31 de outubro de 1996, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se modifican as condicións da concesión definitiva outorgada a Sociedad Española de Radiodifusión para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Ferrol (A Coruña).

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de febreiro de 1989, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 91, do 12 de maio de 1989, mediante Orde do 30 de marzo de 1989 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, outorgouse, entre outras, a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Ferrol (A Coruña), a Sociedad Española de Radiodifusión, de acordo coa normativa aplicable, no que se fan consta-las características técnicas da citada emisora.

A Dirección Xeral de Telecomunicacións variou as características técnicas correspondentes á devandita concesión logo da solicitude de cambio de emprazamento da dita emisora formulada por Sociedad Española de Radiodifusión.

Tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, por proposta da Consellería de Cultura e Comunicación Social de conformidade coas funcións que lle outorga o artigo 2 do Decreto 212/1996, do 6 de xuño, que modifica parcialmente a estructura orgánica da Xunta de Galicia e segundo o que se dispón no artigo 15 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia, modificado polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia acorda:

1. Modifica-las características técnicas da emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia outorgada a Sociedad Española de Radiodifusión en Ferrol (A Coruña) por acordo do Consello da Xunta de 3 de febreiro de 1989, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 91, do 12 de maio de 1989, mediante Orde do 30 de marzo de 1989 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

2. As características técnicas que se lle asignan á mencionada emisora son as seguintes:

Coordenadas: 40º 30º 10'' N.

08º 16' 51'' W.

Cota (m): 200.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Frecuencia (MHz): 98,5.

Potencia radiada aparente máxima (w): 4000.

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 1000.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 860.

Sistema radiante: 6 Dipolos. Omnidireccional.

Altura sobre o solo do centro eléctrico da antena (m): 34.

Altura do mastro (m): 40.

Altura efectiva máxima (m): 234.

Polarización: mixta.

A frecuencia queda condicionada, se é o caso, ó trámite da coordinación internacional.