Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.371

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 428/1996, do 29 de novembro, polo que se nomea o vocal do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do Ente Público Portos de Galicia, así se dispón no artigo 10 do regulamento do ente aprobado por Decreto 227/1995, do 20 de xullo.

No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración do ente público, así como a forma de nomea-los vocais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do Ente Público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica que serán nomeados a proposta dos respectivos conselleiros.

Producida a vacante do vocal representante da Secretaría Xeral para o Turismo no Consello de Administración do ente público, como consecuencia do cesamento do titular da Secretaría Xeral para

o Turismo e o posterior nomeamento como tal de Rubén Víctor Lois Calviño, en virtude do procedemento do artigo 10.9º do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, para cubri-las vacantes que se produzan no Consello de Administración, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vi venda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomea-lo vocal do Consello de Administración do Ente Público Portos de Galicia:

1. En representación da Administración autonómica:

-Secretaría Xeral para o Turismo: Rubén Víctor Lois Calviño.

Santiago de Compostela, vintenove de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda