Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual núm. 1 das N.S.M. no que atinxe ás modificacións descritas nos puntos núm. 1 (avenida dos Namorados), núm. 5 (vivendas sociais do Monte de Porto) e núm. 6 (intersección da estrada N-550).

Polo presente anuncio ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de agosto de 1996 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar con carácter definitivo, os puntos núm. 1 (avenida dos Namorados), núm. 5 (vivendas sociais do Monte de Porto) e núm. 6 (intersección da estrada N-550) do proxecto de modificación puntual número 1 das N.S.M., unha vez que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu o seu informe favorable a elas no correspondente expediente tramitado para o efecto, de conformidade co disposto no artigo 7.2º da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo. O cal se fai público para os efectos determinados no artigo 8 d) da citada Lei 7/1995.

Así mesmo, en cumprimento do estabelcido no artigo 70.2º da Lei 7/1995, do 2 de abril, de bases de réxime local, modificada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, publícase texto íntegro do acordo, xa que non hai normativa modificada, no BOP de Pontevedra, e entrará en vigor unha vez publicado o dito texto íntegro no expresado boletín e transcorridos quince días desde a dita data conforme dispón o artigo 65.2º da citada Lei 7/1985.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns BOP ou DOG.

Pontecesures, 31 de outubro de 1996.

Victoriano Trenco Romay

Alcalde