Aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual núm. 2 das N.S.M. no que atinxe ás modificacións descritas nos puntos núm. 1 (praza de Pontevedra), núm. 2 (avenida da Estación) e núm. 3 (rúa de Carlos Maside).
Polo presente anuncio ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de agosto de 1996 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar con carácter definitivo, os puntos núm. 1 (praza de Pontevedra), núm. 2 (avenida da Estación) e núm. 3 (rúa de Carlos Maside) do proxecto de modificación puntual número 2 das N.S.M., unha vez que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu o seu informe favorable a elas no correspondente expediente tramitado para o efecto, de conformidade co disposto no artigo 7.2º da lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo. O cal se fai público para os efectos determinados no artigo 8 d) da citada Lei 7/1995.
Así mesmo, en cumprimento do estabelcido no artigo 70.2º da Lei 7/1995, do 2 de abril, de bases de réxime local, modificada pola Lei 39/1994, do
30 de decembro, publícase texto íntegro do acordo, xa que non hai normativa modificada, no BOP de Pontevedra, e entrará en vigor unha vez publicado o dito texto íntegro no expresado boletín e transcorridos quince días desde a dita data conforme dispón o artigo 65.2º da citada Lei 7/1985.
Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns BOP ou DOG.
Pontecesures, 31 de outubro de 1996.
Victoriano Trenco Romay
Alcalde
8395