Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 14 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se publica para os efectos de notificación, a resolución de inicio do expediente sancionador 93/1996.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27), notifícaselle ó expedientado que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, a resolución de inicio do expediente sancionador , por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo (DOG do 11 de agosto), sobre manipuladores de alimentos.

O interesado dispón dun prazo de 10 días, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente e presentar alegacións, na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, (Avda. de Zamora, nº 13), segundo o preceptúan os artigos 23 e s.s. do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Nº de expediente: OUR-93/1996.

Destinatario: Francisco José Otero Pérez.

Enderezo: Praza de Santa María, 3 Vilalba (Lugo).

Ourense, 14 de novembro de 1996.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

8903