Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica consistente en face-lo servicio de limpeza en varios locais da Delegación desta consellería en Lugo no ano 1997, distribuído en 5 lotes.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto.

Obxecto: face-lo servicio de limpeza en varios locais da Delegación da Consellería de Agricultura en Lugo no ano 1997, distribuído en 5 lotes.

Orzamento de licitación: sete millóns de pesetas (7.000.000 de ptas).

Lote I: orzamento 2.000.000 de ptas., prazo 3 meses, prorrogables.

Ronda da Muralla, 197 (antigo Seminario Menor), edificio de planta baixa e tres plantas máis, así como planta soto, onde está o arquivo da delegación. Superficie 4.467 m.

Lote II: orzamento 3.300.000 de ptas., prazo 1 ano.

Avda. de Madrid, s/n, en Lugo (edificio de planta baixa e tres plantas máis onde se atopa o Laboratorio Rexional de Sanidade Animal. Superficie 2.387,76 m.

Fontao-Esperante (Lugo) - (onde se atopan as oficinas do CENSYRA). Superficie: 690 m.

Lote III: orzamento 350.000 ptas., prazo 1 ano.

Rúa Cardenal, 45 en Monforte de Lemos -onde se atopan as oficinas da Axencia de Extensión Agraria. Superficie: 85 m.

Lote IV: orzamento 350.000 ptas., prazo 1 ano.

Praza de España, 1 en Chantada -onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria. Superficie: 250 m.

Lote V: orzamento 1.000.000 de ptas., prazo 1 ano.

Rúa Generalísimo, 47-29 en Meira -onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria. Superficie: 125 m.

Avda. da Coruña 21 B, en Friol -onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria. Superficie: 74 m.

Rúa Bispo Solís, 22 en Mondoñedo -onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria. Superficie: 130 m.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria (Servicio de Contratación) da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 7 de xaneiro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 10 de xaneiro de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8902