Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 decembro de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que se citan.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de axuda para accións de apoio económico ós estu

diantes universitarios, correspondente ós anexos III e VIII da Orde do 9 de maio de 1996 pola que se convocan as citadas accións, (DOG nº 100, do 22 de maio), procede, atendendo á proposta elaborada pola comisión avaliadora prevista no artigo 3 da devandita orde, facer pública a relación provisional de beneficiarios, de conformidade coas respectivas bases. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios convocadas pola Orde do 9 de maio de 1996 (DOG nº 100, do 22 de maio), que a continuación se indican:

-Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1996, (anexo III).

-Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo, no curso 1996-97, en centros da Comunidade Autónoma destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes, (anexo VIII).

Segundo.-As ditas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As reclamacións presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

7647