Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.219

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 1996 pola que se clasifica como de interese industrial a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico.

Visto o expediente de clasificación da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico, con domicilio en San Cibrao de Viñas (Ourense).

Supostos de feito.

1. Manuel Barreiro Barbeito, na súa calidade de membro do padroado da fundación, en escrito do once de outubro de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día un de outubro de 1996, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, José Antonio Montero Pardo, co número mil seiscentos noventa e nove do seu protocolo, por Antonio Couceiro Méndez, Manuel Barreiro Barbeito, Joaquín del Moral Crespo, José Manuel González González e Alfredo Cacharro Pardo, interveñen o primeiro no exercicio do seu cargo, en nome e representación da Xunta de Galicia, e os restantes en nome propio.

3. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos o obxecto da fundación é, entre outros, o fomento das actividades de certificación, inspección, auditoría, ensaio e calibración, promovendo a aplicación da normativa española e comunitaria relacionada co sistema integrado da calidade industrial, así como a participación nos organismos internacionais competentes nesta materia.

4. Desígnanse inicialmente membros do padroado as seguintes persoas: o conselleiro de Industria e Comercio, o secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio, o director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, o subdirector de Fomento Empresarial e tecnoloxías Industriais da Consellería de Industria e Comercio e o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese industrial da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese industrial e a súa adscrición á Consellería de Industria e Comercio.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 25 de novembro de 1996. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese industrial a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desen

volvemento Tecnolóxico e adscribila á Consellería de Industria e Comercio que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8127