Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.208

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

CONVOCATORIA de poxa pública de parcelas propiedade de Xestur Ourense, S.A., no parque de reserva empresarial de Ourense en Sarreaus.

En virtude do convenio, con data 21 de marzo de 1992, entre Xestur Ourense, S.A. e o Concello de Sarreaus, a sociedade Xestur Ourense, S.A., unha vez que ten conseguida a aprobación do correspondente planeamento e apropiedade dos terreos, acordou convoca-la seguinte poxa pública:

Obxecto: poxa pública para o alleamento das parcelas que se especifican, propiedade de Xestur Ourense, S.A. no parque de reserva empresarial de Ourense en Sarreaus.

Termo municipal: Sarreaus, Ourense.

Destinatarios: poderá concorrer calquera persoa física ou xurídica que realice actividades mercantís, comprendendo as comerciais, industriais, agrícolas, gandeiras, etc.; así como calquera outra que se propoña exercer neste parque de reserva empresarial.

As bases da poxa plan parcial e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur Ourense, S.A., sitas na rúa Curros Enríquez, nº 1, 8º de Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Prezos: os prezos de m que se establecen a continuación teñen o carácter de prezo mínimo.

As proposicións económicas e demais documentación para participa-las empresas que resulten admitidas conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Ourense, S.A. antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, e ó seguinte día laboral, en caso de que coincida en festivo.

A apertura de proposicións económicas efectuarase ás 12 horas do décimo sexto día natural, contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, e será ó seguinte día laboral, en caso de que coincida a festivo, na sala de xuntas de Xestur Ourense, S.A.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Super. m: 408.374

Prezo m: 244 ptas.

Prezo parcela: 99.643.256 ptas.

IVE (16%): 15.942.921 ptas.

Prezo total: 115.586.177 ptas.

Ourense, 2 de decembro de 1996.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestur Ourense, S.A.