Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Para dar cumprimento ó establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de urbanización do camiño de Outeiro a Cudeiro, na Comisión Municipal de Goberno en sesión extraordinaria en substitución da ordinaria, celebrada o día 24 de outubro de 1996.

Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da inserción deste anuncio, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que considere oportuno.

Ourense, 30 de outubro de 1996.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde-presidente Acctal.

9116