Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 27 de setembro de 1996, aprobou o escudo heráldico municipal co seguinte brasonamento: de sinople, unha banda de ouro cargada de tres crucetas de gules e acompañada de seis aneis de ouro. Ó timbre coroa real pechada.

O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes para efecto de reclamacións, de conformidade co disposto no Art. 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vilarmaior, 3 de outubro de 1996.

O Alcalde

Rubricado